Regulamento

REGULAMENTO

II TRAIL JOSÉ TEIXEIRA

1. Terá lugar o 15 de novembro de 2015 con saídas ás 9:00 h (o de 25Km) e ás 9:30 h (o de 15Km)

dende o Centro Cultural de Arcos, parroquia de Ponteareas (Pontevedra);  segundo o seguinte

regulamento.

2. Existirán dúas probas:

 Trail curto: celebrarase sobre un percorrido de 15km, aproximado, nos montes da

Picaraña e Vilasobroso; acumulándose un desnivel positivo duns 800m.

 Trail longo: celebrarase sobre un percorrido de 25km, aproximado, nos montes da

Picaraña e Vilasobroso; acumulándose un desnivel positivo duns 1800m.

3. CATEGORÍAS: poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos e ata un

máximo de 200 participantes por rigorosa orde de inscrición; que se fará a través de internet

segundo as seguintes categorías (anos feitos o día da proba):

 Absoluta (masculino e feminino)

4. INSCRICIÓNS: ata un máximo de 200 corredores (inscricións en liña), dende o 1 de outubro ó

10 de novembro.

5. PREZO: o importe da inscrición é de 10 € para o trail curto e 15 € para o longo, que dan dereito

a participar na proba, a gozar dun seguro, unha bolsa do corredor, avituallamentos,

gardarroupa, duchas e cantos obsequios consiga a organización.

6. SINALIZACIÓN E CONTROL: o percorrido estará sinalado con anacos de cinta de plástico de cor

viva e será obrigatorio o paso polos controis establecidos. Existirán referencias quilométricas

nalgúns controis.

7. TEMPOS DE PASO: os ‘corredores vasoira’ ou o responsable de cada control terán potestade

para retirar da proba calquera corredor, se o seu tempo en carreira ou o  seu estado de saúde

así o aconsella. O corredor que se retire deberá avisar ó control máis próximo.

8. AVITUALLAMENTOS: existirán 2 avituallamentos líquidos e 1 sólido no percorrido curto; e 3

líquidos e 2 sólidos no trail longo.

9. PREMIOS: entregarase un trofeo ós tres primeiros corredores de cada categoría.

10. Quedará descualificado todo aquel que non cumpra o presente regulamento, non complete

a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non  leve o seu dorsal ben visible

ou desatenda as indicacións da organización.

11. A organización reserva o seu dereito de realizar as modificacións que considere necesarias,

en función dos diferentes condicionantes; así como a suspensión da proba por motivos de forza

maior ou se as condicións meteorolóxicas non fosen as axeitadas para o seu desenvolvemento.

12. Os participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respectar as normas de

circulación nos cruzamentos da estrada.

13. A organización declina toda a responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia; así coma

do coidado dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda

responsabilidade en caso de accidente ou lesión. Todos aqueles aspectos que non figuren no

presente regulamento basearanse nos regulamentos da Federación de Montaña de Galicia e da

Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME).

Será obrigatorio levar un teléfono móbil e elementos de hidratación.

15. CANCELACIÓNS E ANULACIÓNS: non existirá a posibilidade de cancelación ou devolución

unha vez transcorrido o prazo de 24 horas dende a formalización da compra en liña.

No hay comentarios: