REGULAMENTO
II TRAIL JOSÉ TEIXEIRA
1. Terá lugar o 15 de novembro de 2015 con saídas ás 9:00 h (o de 25Km) e ás 9:30 h (o de 15Km)
dende o Centro Cultural de Arcos, parroquia de Ponteareas (Pontevedra); segundo o seguinte
regulamento.
2. Existirán dúas probas:
Trail curto: celebrarase sobre un percorrido de 15km, aproximado, nos montes da
Picaraña e Vilasobroso; acumulándose un desnivel positivo duns 800m.
Trail longo: celebrarase sobre un percorrido de 25km, aproximado, nos montes da
Picaraña e Vilasobroso; acumulándose un desnivel positivo duns 1800m.
3. CATEGORÍAS: poderán participar as persoas que o desexen, maiores de 18 anos e ata un
máximo de 200 participantes por rigorosa orde de inscrición; que se fará a través de internet
segundo as seguintes categorías (anos feitos o día da proba):
Absoluta (masculino e feminino)
4. INSCRICIÓNS: ata un máximo de 200 corredores (inscricións en liña), dende o 1 de outubro ó
10 de novembro.
5. PREZO: o importe da inscrición é de 10 € para o trail curto e 15 € para o longo, que dan dereito
a participar na proba, a gozar dun seguro, unha bolsa do corredor, avituallamentos,
gardarroupa, duchas e cantos obsequios consiga a organización.
6. SINALIZACIÓN E CONTROL: o percorrido estará sinalado con anacos de cinta de plástico de cor
viva e será obrigatorio o paso polos controis establecidos. Existirán referencias quilométricas
nalgúns controis.
7. TEMPOS DE PASO: os ‘corredores vasoira’ ou o responsable de cada control terán potestade
para retirar da proba calquera corredor, se o seu tempo en carreira ou o seu estado de saúde
así o aconsella. O corredor que se retire deberá avisar ó control máis próximo.
8. AVITUALLAMENTOS: existirán 2 avituallamentos líquidos e 1 sólido no percorrido curto; e 3
líquidos e 2 sólidos no trail longo.
9. PREMIOS: entregarase un trofeo ós tres primeiros corredores de cada categoría.
10. Quedará descualificado todo aquel que non cumpra o presente regulamento, non complete
a totalidade do percorrido, deteriore ou ensucie a contorna, non leve o seu dorsal ben visible
ou desatenda as indicacións da organización.
11. A organización reserva o seu dereito de realizar as modificacións que considere necesarias,
en función dos diferentes condicionantes; así como a suspensión da proba por motivos de forza
maior ou se as condicións meteorolóxicas non fosen as axeitadas para o seu desenvolvemento.
12. Os participantes están obrigados a auxiliar ós accidentados e a respectar as normas de
circulación nos cruzamentos da estrada.
13. A organización declina toda a responsabilidade en caso de accidente ou neglixencia; así coma
do coidado dos obxectos de cada participante. Os participantes exoneran a organización de toda
responsabilidade en caso de accidente ou lesión. Todos aqueles aspectos que non figuren no
presente regulamento basearanse nos regulamentos da Federación de Montaña de Galicia e da
Federación Española de Deportes de Montaña y Escalada (FEDME).
Será obrigatorio levar un teléfono móbil e elementos de hidratación.
15. CANCELACIÓNS E ANULACIÓNS: non existirá a posibilidade de cancelación ou devolución
unha vez transcorrido o prazo de 24 horas dende a formalización da compra en liña.
No hay comentarios:
Publicar un comentario